Escoita o programa especial do noso alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria. 

O alumnado do noso Cole converteuse, estes días, en xornalista para, en clave de humor, darlle unha volta ás noticias cotiás como o tempo, os deportes, a economía, os sucesos máis incribles, as cartas á Dirección e o entretemento. 

Moitas grazas a todo o alumnado por este bo traballo, en especial, a Bruno de 4º ESO pola súa gran colaboración, e, por suposto, tamén, a todo o profesorado. 

Desexamos que sexa do agrado de todos e de todas.