Horario de cada unha das etapas neste mes de xornada continua

Tras a ledicia do reencontro neste primeiro (e breve) día de clase, achegamos o horario que se desenvolverá ao longo do mes de setembro:

EDUCACIÓN INFANTIL

Entrada pola porta do Salón de Actos da rúa Blanco Porto e saída por Joaquín Costa.

  • 6º Ed. Infantil (5 anos): de 8:55 a 13:50 h.
  • 5º Ed. Infantil (4 anos): de 9:00 a 13:55 h.
  • 4º Ed. Infantil (3 anos): a partir do 19 de setembro (ao rematar o período de adaptación) de 9:05 a 14:00 h.

EDUCACIÓN PRIMARIA

Entrada e saída pola porta da rúa Joaquín Costa

  • 1º, 2º, e 3º de 9:00 a 13:50h. 
  • 4º, 5º e 6º de 9:00 a 13:55h.

A porta abrirase 10 minutos antes do toque do timbre.

EDUCACIÓN SECUNDARIA

Entrada e saída pola porta da rúa Joaquín Costa

  • De 8:30 a 14:00 h.

A porta abrirase 10 minutos antes do toque do timbre.