Aquí atoparás toda a información relativa ao fondo solidario de libros e axudas de libros de texto e material escolar. 

Segundo establece a Orde 12 de maio de 2020, o prazo para presentar as solicitudes é do 20 de maio ao 19 de xuño.

As solicitudes presentaranse, preferiblemente, por vía electrónica no formulario normalizado (anexo 1) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. 

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes (CON CITA PREVIA) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 

 

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 

 

PARA CITA PREVIA CHAMAR AO TELÉFONO 986 850941 DE 10 A 13:30 h DE LUNS A VENRES

 

Modelo solicitude

 

Podes consultar o manual da Xunta de Galicia para a presentación telemática das solicitudes de axudas do fondo solidario de libros de texte, cheques de libros e material.