Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, unha representación do alumando de 6º EP participou no I Certame Podcast Radiofónico Xosé Mosquera Pérez, organizado polo Ies Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. 

Onte, 28 de maio, os nosos finalistas acudiron ao Museo do Pobo Galego onde tivo lugar a entrega de premios. 

Traen moi bos recordos e unha moi boa experiencia. 

Noraboa rapazas e rapaces por ter chegado ata aí e por coñecer, un chisquiño máis, a figura do homenaxeado nas Letras deste ano: Antón Fraguas.