A nosa radio da igualdade PonteLila vén de ser galardoada co segundo premio. 

O acto de entrega tivo lugar esta mañá no Teatro Principal, acto ao que acudiu unha representación das Lazadas Lilas, o noso grupo de igualdade. 

Dende aquí felicitamos tamén ao resto de premiados e trasladamos, ao Concello de Pontevedra, o noso agradecemento.